‘As Parábolas de Pakolas’ chega este sábado a Burela

As Parábolas de Pakolas chega a Burela, o vindeiro sábado, 23 de marzo, ás 18:00 horas da man de Paco Cerdeira como espectáculo no que se interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos máis cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para eles.

O eixo fundamental radica na combinación das cancións coa narración dalgunhas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no conxunto , unha fermosa “parábola” musical da que aprender e na que pensar.

Un espectáculo musical con contacontos de formato individual , tocando a súa guitarra e interpretando cancións da súa autoría (A Gramola Gominola, Pakolas) formando parte estas das propostas musicais en galego para público infantil. Ademais, durante o espectáculo amosarase ao público moitos dos libros disco, xa que esta proposta xorde en torno ás actividades de animación a lectura.

A escolla dos temas incluirá, entre outros, o seu afamado Campión Internacional, do que conta cun videoclip actualmente, e no que se fala da importancia do xogo entre os amigos, e sobre todo do xogo tradicional de Galicia (billarda, pión, etc.). A canción dunha personaxe como é o ‘Monstro’ Antón, que fai cancións de rock pola noite e non para de cantar as súas rimas. Historias fantásticas con outras personaxes , como as animais , que sempre esperta nos cativos unha gran curiosidade, un recurso que lle gusta moito pola súa dimensión animada. Animais que van dende un pato, os ratiños, a quenlla , o furafollas, a curuxa, ou un mero, etc. Moitos destes animais son os protagonistas das cancións, pero tamén se artella un conto, unha historia fantástica arredor deles, A Quenlla Madrugadora, Baldomero o Mero, O Furafollas

Pakolas, combinará a narración, a interpretación e caracterización de moitas personaxes, e a música e tamén animará aos nenos e nenas e a todo o público a participar coas mans, cos ritmos do corpo e coa voz (retrousos, sons, etc). Así, podemos compartir entre todos e todas, a música e as historias cantadas e contadas. En definitiva, un xeito divertido de aprender e de gozar.

Este espectáculo conta coa colaboración da Agadic e da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

As entradas serán de 2.5 euros, e poderanse adquirir no propio despacho de billetes, dende ás 17 horas do sábado 23 de marzo.

Etiquetas