Skip to main content
ActualidadeCervo

Nenas e nenos de Cervo participan na conmemoración do Día Internacional dos Bosques

Por 22 Marzo, 2019Sin comentarios
O Concello de Cervo tamén se sumou ás celebracións do Día Internacional dos Bosques con varias actividades.

Pola mañá os escolares do municipio desfrutaron dun espectáculo musical e de teatriño de cartón co obxectivo de incidir na importancia que teñen os bosques para protexer o noso planeta “como os mellores aliados para a loita contra o quencemento global e importante fonte de biodiversidade”.

Xa pola tarde, organizado polas delegacións de Xuventude, Medio Ambiente e Servizos Sociais, un grupo de nenos e nenas voluntarios/as compartiron a tarde coas persoas usuarias do Centro de Día Residencia de San Cibrao, e plantaron, conxuntamente, varias árbores na zona axardinada.
Foi unha tarde de convivencia interxeracional da que desfrutaron e se concienciaron da importancia das árbores.