Skip to main content
ActualidadeBurela

Escolares de Burela realizaron unha plantación de árbores autóctonas no Día Internacional dos Bosques

Por 23 Marzo, 2019Sin comentarios

Este xoves celebrouse o Día Internacional dos Bosques, que conmemora a importancia dos bosques e o ecosistema que estes albergan arredor de todo o mundo.
“O obxectivo desta celebración é asegurar o coidado dos bosques, xerar conciencia sobre a súa importancia e ensinar ás persoas como se pode aportar ao mantemento e crecemento dos mesmos”, lembrou a concelleira de Medio Ambiente en Burela, Noelia Mª Ben.
Para conmemorar este día tivo lugar esta mesma mañá no Monte Castelo unha plantación con alumn@s do CEIP Vista Alegre e do CEIP Virxe do Carme, que plantaron un total de 250 castiñeiros, cerdeiras, bidueiros e carballos. Trátase dunha iniciativa da Comunidade de Montes de Burela que contou co apoio e colaboración da Concellería de Medio Ambiente.
Noelia Mª Ben subliñou que “ademáis de facer unha repoboación con árbores autóctonas aproveitamos para realizar unha pequena limpeza da área recreativa cos alumnos de 4º de Primaria do CEIP Vista Alegre. Todos os que participaron nesta actividade recibiron cadansúa camiseta e unha bolsa de tea co logo do día da árbore”.

Ao acto desta mañá tamén acudiron o alcalde, Alfredo Llano, e mebros da Comunidade de Montes de Burela.