Skip to main content
ActualidadeRibadeoTrabada

A Plataforma Sanitaria da Mariña despraza de xeito extraordinario a UMAR a Ribadeo

Por 25 Marzo, 2019Sin comentarios

A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que desplazará a súa Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) de xeito extraordinario ao centro de sáude de Ribadeo o vindeiro mércores 27 de marzo de 11 a 13 horas, despois de saber que durante a semana pasada deixaran de substituirse as tres das seis prazas de medicina de familia, e dúas das seis prazas de enfermaría. Segundo informacións ás que tivo acceso este colectivo, esto non é unha situación puntual, senón que se ven repetindo a diario cando as profesionais collen permisos ou baixas médicas.

A situación é moi grave, pois estase a sobrecargar ao persoal de forma sistemática , incumplíndose e sobrepasándose con moito as recomendacións que o mesmo Sergas anda a publicar nos medios de comunicación para “contentar as usuarias e que non se rebelen, xa que están atendendo a máis de sesenta pacientes ao día e mesmo saíu en prensa estes días que o recomendable era non pasar de trinta”comentan.

Reclamacións colectivas

A UMAR levará redactadas reclamacións colectivas demandando a substitución estable, continuada e desde o primeiro día que se produzan as ausencias dos profesionais de familia e fará o mesmo no caso da pediatra, que faltará até o día 28 de marzo, e só vai ser substituída un día, e só durante 4 horas. Esta pediatra atende aos concellos de Ribadeo e Trabada.

A Plataforma sanitaria anima a todas as veciñas e veciños dos concello de Ribadeo, e do veciño concello de Trabada no caso da pediatra, a que acudan o próximo mércores a partir das 11 horas ao centro de saúde a formalizar a correspondente reclamación, pois “é a única linguaxe que entenden  na EOXI e no Sergas”.