A derradeira xornada do campionato escolar comarcal de tenis de mesa será en Ribadeo

No pavillón polideportivo municipal de Ribadeo, ubicado na avenida de Luarca, disputarase a segunda e derradeira xornada do campionato escolar comarcal de tenis de mesa este sábado, día 30, de 10:00 a 16:00 horas. Van participar uns 120 nenos e nenas de colexios de Foz, Xove, Riotorto e do clube SD Ribadeo Tenis de Mesa, que é o anfitrión deste campeonato que organiza xunto ó profesorado dos colexios Martínez Otero e O Pilar, de Foz. Así o explicou o presidente do clube ribadense, Francisco Muíña Díaz, quen tamén comentou que deste campionato salirán os clasificados para o campionato provincial, que se celebrará en Vilalba o 25 de maio.

Ó finalizar este campionato escolar comarcal no pabillón ribadense a partir das 16:30 horas disputaranse dous partidos de tenis de mesa do clube local. O equipo de Terceira Nacional SD Carneros TTPRO Ribadeo jugará contra Viajes A Nautalia, de Narón. Francisco de Muíña destaca que “este partido é moi importante para o posible ascenso a Segunda Nacional porque esta é a penúltima xornada e o equipo ribadense é o terceiro empatado, a puntos co segundo, que é o Coruña TM”. Tamén se disputará o encontro de Segunda Autonómica Galega que enfrentará ó Promesas TM Concello de Ribadeo co Emalcsa-Grumico A, de A Coruña.

Etiquetas