O mércores terá lugar en Burela un concerto do alumnado da Escola Municipal de Música

O vindeiro mércores, 27 de marzo, ás 19.30 horas celebrarase na sala de usos múltiples da Escola Municipal de Música un concerto, con entrada libre e gratuíta, a cargo dos alumnos de percusión.

Segundo explica o director do centro Xan Carballal “o repertorio incluirá pezas sacadas do repertorio popular mesturada con obras de autores clásicos e modernos”.

Este concerto inclúese no plan de actividades que a Escola Municipal de Música de Burela ten programado para este ano 2019.

Etiquetas