Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Os empregados públicos poderán solicitar convertirse en persoal funcionario a partir do 1 de abril

Por 26 Marzo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O vindeiro 1 de abril abrirase o prazo para que os empregados públicos da Administración galega poidan solicitar o encadramento no primeiro grao do réxime extraordinario da carreira profesional, tal como establece o acordo acadado hoxe entre a Xunta e os sindicatos CC.OO. e UGT na Comisión de Persoal.

Á carreira profesional poderán acceder tanto o persoal funcionario de carreira como o persoal laboral fixo que se comprometa á convertirse en persoal funcionario a través do correspondente proceso de funcionarización.

Desde o 1 de abril abrirase o prazo para encadrarse no primeiro grao do réxime extraordinario, ao que se poderá acceder previa acreditación –como mínimo- de cinco anos de antigüidade, sempre que ademais se cumpra algún dos criterios de avaliación establecidos no propio acordo.

A Xunta realizará o encadramento previsto no Acordo de Concertación Social –asinado cos sindicatos UGT e CC.OO.- con efectos económicos de 1 de xaneiro de 2019. Posteriormente, abordarase coas organizacións sindicais o desenvolvemento do réxime ordinario, ao que poderá acceder o funcionario de carreira que non cumprise os requisitos e o persoal funcionario interino, sempre que cumpra os requisitos que establece o acordo.

Xunta e sindicatos acordaron tamén que o procedemento de solicitude se realice ordinariamente a través do sistema informático propio da Administración autonómica, a través do cal se canalizan as solicitudes dos empregados públicos. A Xunta remitirá aos traballadores que xa teñan acceso a este sistema un enlace para consultar os datos que figuran no seu expediente no Rexistro Central de Persoal.