O hotel Casona de Lazúrtegui de Ribadeo renova a Q de Calidade Turística

Os propietarios do hotel ribadense Casona de Lazúrtegui, Marita Villamil Martínez e Juan José Álvarez Martínez, recibiron o diploma Q de Calidade Turística 2018 nun evento celebrado este pasado venres na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Juan José Álvarez explicou que “se trata da renovación desta certificación, o que se fai cada catro anos. No noso establecemento  temos a Q de Calidade Turística dende 2010 e consideramos que é moi importante, sobre todo de cara os clientes porque lles garantiza que temos unha maneira de traballar. É complicado conseguila e mantela xa que require cumprir moitos requisitos, proba dello é que somos pocos os establecementos que a temos”.

O hotel Casona de Lazúrtegui, que ten 38 habitacións, está na rúa Julio Lazúrtegui da vila ribadense.

Etiquetas