O IES de Foz recibe a alumnado dun centro francés co que realizan un intercambio

O Instituto de Secundaria (IES) de Foz recibe esta semana a alumnado dun centro francés (o Collège Lucie Aubrac, de Loiret, que está cerca de París) co que realizan un intercambio, no que tamén participa o IES Illa de Sarón, de Xove.

Doce alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES focense recibiron este pasado domingo “aos seus corespondants da rexión dos castelos do Loira, que durante esta semana están visitando A Mariña costeira e de interior ademais doutros lugares como Santiago de Compostela, participan en actividades deportivas (surf,  sendeirismo,…) así como na vida escolar do IES de Foz. E dentro dun mes os alumnos e alumnas desta zona serán acollidos polas familias dos seus compañeiros franceses de Villemandeur”, explicou a xefa do Departamento de Francés do centro focense, Elena Méndez.

Etiquetas