Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Audicións da EMMeD de Ribadeo para dar a coñecer o traballo que se realiza no centro

Por 1 Abril, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 1 e 5 de abril ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes 2, de música tradicional, que será no Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.

O luns, 1 de abril, será a audición de piano; o día 2 a de música tradicional; o día 3 a de clarinete, frauta e saxofón; o xoves, 4 de abril, será a audición de guitarra e o venres a de percusión.