Skip to main content
ActualidadeViveiro

O concello de Viveiro organiza unha charla informativa sobre as velutinas

Por 2 Abril, 2019Sin comentarios

O concello de Viveiro organiza, en colaboración coa empresa Serpa, unha charla formativa sobre as velutinas, na que se explicará como evitar que se instalen niños de velutina cerca das vivendas, as técnicas de trampeo das raíñas para a cidadanía e para apicultores, os atraíntes e tipos de trampas, entre outras cuestións; ademais, os asistentes poderán plantexar as súas dúbidas ao poñente.
A charla terá lugar o venres 5 de abril, ás 20:30 horas, na sala multiusos da casa do concello; o poñente será José María Vázquez, xerente de Serpa.