Skip to main content
ActualidadeCervo

Arrinca SanciTapeando, a ruta das tapas dos xoves en San Cibrao

Por 3 Abril, 2019Sin comentarios
A hostalaría de San Cibrao coa colaboración do Concello, presenta a súa proposta culinaria para todos os xoves.
A esta iniciativa están adeheridos oito locais, que servirán os días 4 e 11 de abril a partir das 19:30 horas, unha tapa diferente, elaborada, a un prezo de 2 euros.
Os clientes terán a posibilidade de participar nun sorteo de tres vales, de 250 euros, de 150 euros e de 100 euros, para gastar nos locais participantes; que se celebrará cada dous meses.
As propostas para este xoves 4 de abril son Mini hamburguesa do Faro do Bar O Faro; Saquiño de carne do Mesón A Bodega; Liñas barbacoa da Cervecería Nordesía; Salteado de macarróns e marisco do Bar Maruxaina; Tosta de lacón con grelos de Pizzería O Trasgo; Croquetas arco da vella da Cervecería Las Titas; Xarda á prancha do Bar O Pulgas; Fingers de polo con salsa tártara da Terraza O Noso Lar.
As propostas para este xoves 11 de abril son Saquiños de morcilla de León con marmelada do Faro do Bar O Faro; Volcán a bodega do Mesón A Bodega; Fajitas de polo da Cervecería Nordesía; Raxo ao roquefort do Bar Maruxaina; Picadillo con ovo de Pizzería O Trasgo; Polo ao allo da Cervecería Las Titas; Polbo a feira do Bar O Pulgas; Chocos en salsa con arroz blanco da Terraza O Noso Lar.
Para máis información e para facer un seguemento das tapas que se servirán cada semana habilitouse a conta de facebook @SANCITAPEANDO.