Skip to main content
A PontenovaActualidade

A Pontenova celebrará a Festa da Troita o día 30

Por 5 Abril, 2019Sin comentarios

O municipio da Pontenova acollerá o día 30 de abril a celebración da XLI Festa dá Troita que está declarada de interés turístico, e o día 1 de maio o XLI Concurso Popular, declarada tamén competición de interés deportivo nacional. Todos os asistentes a estas xornadas poderán gozar cos actos programados.
O día 30 a partir do mediodía os presentes poderán gozar coa sesión vermú que amenizará a XLI Festa dá Troita. Máis tarde entregaranse as Troitas de Ouro a David García Ferreras, campión do mundo de pesca a mosca; a Fundación North Atlantic Salmón; o proxecto Arca; a Leonardo de la Fuente e a Manuel Gómez.
Ás 20.00 horas a actriz e presentadora Isabel Branco realizará a lectura do pregón, acto que dará paso ás 22.00 horas á apertura da caseta de degustación.
Haberá un acto de homenaxe pública aos membros das anteriores directivas do CIT. Tamén actuará a Escola de Música da Pontenova .
Para participar no XLI Concurso Popular deberán inscribirse e acceder aos tramos de pesca sinalizados. A cuota da inscrición é de 40 euros por concursante e dalle dereito ao xantar. Os acompañantes deberán facer tamén unha reserva previa de 25 euros antes do 26 de abril.
O sorteo das dorsais será o mesmo día do concurso que comezarán o día 1 ás 07.30 horas coa concentración na praza dos Fornos co inicio dos concursos de pesca (lance, salmón e mosca).
No acto do pesaxe, os punto serán 250 puntos por peza válida, 1 punto por gramo acumulado das pezas, haberá tamñen puntos por bonificación acumulados polos cupos dos concursantes.
Pola tarde, levarase a cabo a entrega de trofeos no salón de actos da Casa dá Cultura.
Esta festa xurdiu a través do Centro de Iniciativas Turísticas, CIT, o cal, para promocionar ao pobo da Pontenova, organizou o citado concurso de pesca, que se leva celebrando desde o ano 1978