Skip to main content
ActualidadeViveiro

Aberto o prazo para consultar o Censo Electoral con vistas ás eleccións en Viveiro

Por 5 Abril, 2019Sin comentarios

Do 8 ao 15 de abril estará dispoñible para consulta o Censo Electoral vixente. Poderase acceder de 09:00 a 14:00 horas na oficina do Padrón do Concello de Viveiro, na Praza Maior, ó Censo Electoral que será utilizado nas eleccións locais e ao Parlamento Europeo, que terán lugar o vindeiro 26 de maio.
Dende a alcaldía lembran a importancia de comprobar a correcta inscrición censal, aos efectos de poder exercer o dereito ao voto nas devanditas eleccións, e fan constar que a consulta farase por medios informáticos, previa identificación do interesado, de conformidade co artigo citado.