Skip to main content
ActualidadeBurela

Burela contrata a unha avogada para atender aos estranxeiros

Por 5 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello ven de contratar unha avogada e unha mediadora que traballarán ata o día 30 do vindeiro mes de outubro. A avogada é especialista en temas de estranxeiría e atenderá as dúbidas que teñan as persoas de nacionalidade estranxeira do municipio. A mediadora estará nos colexios Virxe do Carme e Vista Alegre para resolver os problemas de adaptación que poidan ter os nen@s e as súas familias.
A concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, explica que “a avogada estará no Concello, en horario de dez da mañá a tres da tarde, e cando haxa o cambio de horario, no que o centro peche ás dúas, será de nove a dúas. É unha avogada licenciada en estranxeiría que estará para atender todos os problemas e dúbidas que teñan os estranxeiros que viven en Burela”.
Angélica Gómez engade que “a mediadora vai estar nos colexios traballando en conxunto co Concello de Burela. Será unha persoa de contacto para levar os temas complicados que se atopan nos colexios. Estará nos CEIP Virxe do Carme e no Vista Alegre. Traballará coa mediadora do Concello, Noelia, e coa técnica Conchi Pernas. A súa oficina está situada na Capitanía para que estea preto do Concello, pero para que teña privacidade. Estará para todos os temas complicados que nos atopamos en Burela como nenos e nenas que non se adaptan ben no colexio, con problemas na familia, que van sen asearse ou non levan comida. Tamén atenderá aos pais e ás nais aos que lles custa integrarse para achegalos un pouco á adaptación e á integración”.