Skip to main content
ActualidadeViveiro

O Resurrection Fest saca unha última remesa de 500 abonos

Por 5 Abril, 2019Sin comentarios

Tralo anuncio de fai un mes de que se esgotaron os abonos do festival Resurrection Fest para esta edición do 2019, e despois de que moitas persoas quedaron sen entrada, a organización do festival sacou a venda 500 abonos máis.
Así que este ano será o maior festival da historia deste tipo de música xa que están a traballar para que sexa tamén o máis espazoso e cómodo que nunca, con máis metros útiles e máis decoración. Debido a cambios no recinto, decidiron sacar unha última remesa de 500 abonos para todos os que non puidron comprar antes a súa entrada. Xa saíron á venda o vindeiro luns 1 de abril ás 11:00 na súa páxina web e será a última oportunidade.