Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Os populares alertan de que se está a tratar o reparto da cuota da xarda sen consenso no sector

Por 9 Abril, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Os candidatos ao Congreso, Jaime de Olano e Joaquín García Díez, manifestaron este luns que ven con preocupación que “los socialistas desde el Gobierno de España están tratando de abrir el melón del reparto de cuotas para la xarda para tratar de contentar a una determinada Comunidad Autónoma sin abrir un diálogo previo y, por tanto, sin contar con el consenso previo necesario”. Así llelo trasladaron ao integrantes da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, indicando ao mesmo tempo que “todo modelo de reparto es mejorable pero es imprescindible contar con un amplio consenso dentro del sector implicado y por ahora eso no se esta dando”.

Os populares puxeron en valor así a importancia que ten este sector para a Mariña, Galicia e España, pois a Comunidade posúe máis da metade do emprego marítimo-pesqueiro do territorio nacional e os portos galegos desembarcan o 70% da pesca fresca española; de aí que os populares se reunisen esta mañá con membros deste organización, pois Porto Celeiro é un dos principais mercados pesqueiros do Cantábrico, xa que nel se descarga ao redor do 30% de todo o que pesca a flota española en augas europeas, e máis de 1.000 persoas viven directamente desta actividade. A lonxa ten preto de 30 almacéns. Dos 500 mariñeiros que desembarcan neste peirao, máis de 400 faenan no Gran Sol. O resto adícanse á baixura e ao cerco

“La idea de este encuentro es cargarse de argumentos y datos para poder defender en Madrid y Bruselas las negociaciones que a Galicia y a la Mariña le interesan”. É o caso, indicou García Díez, “de retos de futuro como el Brexit, ya que debemos estar preparados para las contingencias de cualquier escenario de salida reclamando al Gobierno de España todo el apoyo y acciones necesarias”. Tamén abordaron outro dos principais problemas e retos que afecta ao sector pesqueiro, como é o relevo xeracional, minimizando os obstáculos existentes para a incorporación de mozos, habilitando fórmulas para achegar a formación náutico-pesqueira ao sector pesqueiro, etc.

Trátase, en definitiva, de seguir impulsando políticas como as lideradas polo Partido Popular, e que permitiron aumentar o valor engadido da pesca nacional un 44% dende 2012. Ademais, España gañou un 90% de cota dende 2009.

“Seguimos apostando por la pesca, haciendo política pesquera y no política con la pesca”, concluíron Olano e García Díez.