Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

A Semana Santa Mondoñedo comezará o día 12

Por 10 Abril, 2019Sin comentarios

A Semana Santa de Mondoñedo está organizada pola Fraternidade Local da Venerable Orde Terceira de San Francisco, fundada en Mondoñedo, o 24 de febreiro de 1734, coa que colaboran o Concello, Protección Civil, entidades locais e os veciños e voluntarios.
O programa comezará o venres, 12 de abril, coa procesión de Nosa Señora dos Dores dende a Igrexa Nova. Será as 22:00 horas.
O sábado 13 de abril, será a lectura do pregón, ás 20:45 horas, na Casa da Xuventude e que pronunciará o Reverendo Padre Don José María López García.  Actuará o coro Mestre Pacheco de Mondoñedo.
O domingo de Ramos, 14 de abril, ás 11:30 horas iniciarase a procesión na Igrexa de Santiago ata a Catedral, onde se celebrará a Misa da Paixón do Señor e a Bendición de Ramos. Preside o Sr. Bispo Don Luís Ángel de las Heras. Ás 19:00 horas na Capilla da Alcántara celebrarase o Viacrucis e ás 19:30 horas é a Procesión do Ecce Homo.
O mércores Santo, 17 de abril, é o Vía Crucis de Penitencia con saída da procesión ás 19.00 horas do Santuario de Nosa Señora dos Remedios, Capela de San Blas aos Picos.
O xoves Santo, 18 de abril, ás 17:00 horas, na Catedral será a celebración da Cena do Señor, presidida polo señor Bispo;  ás 21:00 horas, é a Procesión do Prendimiento, dende os Muíños. Ás 23:00 horas, na Catedral, é o acto de Adoración Eucarística.
O venres Santo, 19 de abril, ás 10:30 horas, é a procesión do Santo Encontro, que se celebra na zona da Fonte Vella. Ás 12:00 horas, Via Crucis no claustro da Catedral. As 17:00 horas, misa da Celebración da Paixón do Señor e, ás 18.00 horas, procesión do Santo Enterro, que sae da Catedral; mentres que ás 21:00 horas, é a Procesión da Soedade, que tamén sae da Catedral e durante a cal se pode escoitar o Plorans do Mestre Pacheco, que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.
O sábado Santo, ás 23:00 horas, na Catedral a celebración litúrgica comprende bendición do fogo novo e procesión co Cirio Pascual , ademais do canto do Pregón Pascual,  Bendición da Auga, e celebración da Eucaristía.
O domingo de Pascua, día 21 de abril, misa de Resurrección na Catedral ás 12 horas, que preside o Bispo.