Hoxe Venres de Dores comezan os actos da Semana Santa de Burela

O día 5 de abril ou Venres de Dores, está previsto un vía crucis. A procesión do Domingo de Ramos partirá da praza dá Mariña ás doce menos cuarto da mañá e, a continuación, será a misa na igrexa parroquial.

O Martes Santo 16 de abril serán as confesións e o Mércores Santo 17 de abril haberá vía crucis ás oito menos cuarto da tarde. A procesión do Xoves Santo sairá da igrexa ás nove da noite, trala celebración do lavatorio de pés.

Os Caladiños sairán o 19 de abril ou Venres Santo ás dez da noite. O Sábado Santo procesionará a virxe da Esperanza a partir das cinco e media e ás dez e media da noite será a vixilia pascual. Finalmente, o Domingo de Resurrección sairá a procesión do Encontro ás once da mañá.

Xa para rematar o 28 de abril será a Semana Santa infantil.

Etiquetas