Skip to main content
ActualidadeFoz

O CCA de Foz organiza a campaña 'Comercio na rúa' na que 25 establecementos ofrecerán descontos

Por 12 Abril, 2019Sin comentarios

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a campaña Comercio na Rúa que se desenvolverá os días 17, 18 e 20 deste mes de abril, coincidindo coa Semana Santa.

Os 25 comercios participantes ofrecerán descontos especiais e instalarán os seus postos na rúa. Desde o CCA advirten que “en caso de mal tempo os establecementos participantes ofrecerán os descontos no interior dos seus locais”.

José Carlos Paleo, o presidente do colectivo empresarial, sinala que “é un bo momento para facerse con artículos de tempada a prezos interesantes”.

Os comercios sumados a esta iniciativa son: 5 Lobiños, Alma Libre, Arrullos, Briz Peluquería, Carmen León Zapatería, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, N1 Deportes, OfiFoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Outlet e Xanela. Algún destes establecementos, polas características da súa actividade, ofrecerán os seus descontos no interior do local.

Na campaña organizada polo CCA colaboran o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.

Esta non é a única iniciativa que ten en marcha o Centro Comercial Aberto de Foz durante a Semana Santa, xa que do 18 ao 20 de abril terá lugar a 16ª Ruta das Tapas na que participarán 15 establecementos hostaleiros.