Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAFoz

O Centro Comercial Aberto de Foz, principal valedor do Club de Atletismo ‘Ría de Foz’

Por 12 Abril, 2019Sin comentarios

O Club de Atletismo “Ría de Foz” vén de asinar un convenio de colaboración co Centro Comercial Aberto de Foz (CCA-Foz). Esta última entidade convértese, así, no patrocinador principal do Club de Atletismo focense que pasará a denominarse “CCA RÍA DE FOZ” en todas as competicións nas que participe.

Desde a Directiva do Club de Atletismo valoran moi positivamente o apoio prestado polo CCA-Foz, posto que, sen dúbida, contribuirá, de maneira decisiva, ao crecemento e mellora do Club a moitos niveis. Ademais, este acordo chega nun momento “doce” para o Ría de Foz, xa que cada vez son máis os pícaros e adultos que se achegan ao Club focense nunha tempada deportiva que está a ser moi exitosa (mérito engadido levando só dous anos en competición). Ademais, desde o recén bautizado CCA RÍA DE FOZ, queren agradecer tamén a confianza depositada polos seguintes locais no traballo do Club: Cervexa Artesá “Augas Santas”, Nº1 Zapatillas-Foz, Pub Legends, Panadería-Pastelería Hucar e a Run Foz Run.

Así, desde o Club de Atletismo Ría de Foz queren agradecer o trato e a confianza do CCA-Foz e súmanse a todas as voces que convidan aos cidadáns a apoiar e investir no comercio local.