O V Maratón de Tute de Cervo celebrarase con tapetes e barallas personalizadas co escudo do concello

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e José Ramón Soto, concelleiro de deportes mantiveron un encontro co presidente da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, Miguel Díaz, no que lle entregaron tapetes e barallas españolas personalizadas co escudo do Concello de Cervo, como agasallo para disputar o V maratón de tute que celebran mañá sábado, a partir das 16:30 horas, no local social.

Díaz explicou que participarán preto de 40 parellas; e recordou os premios: 1ª parella clasificada: 500 euros e trofeo, 2ª parella clasificada: 300 euros, 3ª parella clasificada: 200 euros, 4ª parella clasificada: 100 euros; na 1ª repesca: 1º clasificado: 200 euros, 2º clasificado: 100 euros; e na 2ª repesca: 1º clasificado: 150 euros, 2º clasificado: 150 euros

Etiquetas