As festas da Nosa Señora da O celebraranse do 17 ao 19 de maio en Canedo, Lourenzá

As festas da Nosa Señora da O en Canedo, Lourenzá celebraranse o terceiro fin de semana de maio, os días 17, 18 e 19.

O venres haberá verbena, que dará comezo cunha pulpada e churrascada servida polo Catering Rochela e amenizada polas orquestras Claxxon e New York.

O sábado haberá misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Palladium.

Pola noite haberá verbena tamén coa orquestra Palladium á que acompañará o grupo Tekila.

Este último será o encargado de dar fin ás celebracións da Nosa Señora da O o domingo 19 de maio cunha sesión vermú que terá lugar despois da misa solemne e a procesión.

Tódolos actos se celebrarán baixo carpa para prever as inclemencias do tempo que se puideran presentar.

Etiquetas