Ábrese o período de cobro do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

O alcalde de Ribadeo anuncia que se abre o período de cobro do imposto sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ó ano 2019, a cargo do Servizo de Xestión Tributaria e de Recadación da Deputación Provincial. O prazo para realizar o ingreso en período voluntario comezará hoxe 15 de abril e estará aberto ata o 17 de xuño, abmbos a dous días incluídos.

Poderase aboar en efectivo nas oficinas de Abanca, La Caixa, Banco Sabadell e BBVA, en días laborais, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 horas, presentando o documento de ingreso que, a tal efecto se remite ó domicilio dos contribuíntes. Aquelas persoas que por calquera circunstancia non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na entidade bancaria e realizar igualmente o pagamento.

Transcurrido o prazo de pago en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constrinximento e serán esixibles as recargas do período exectutivo e os xuros de mora, e se é caso, as custas que se produzan.

Poderá domiciliarse o pago das débedas tributarias para anos sucesivos en caixas de aforro, bancos e demáis entidades financeiras. Farase cumprimentando o impreso de domiciliación que acompaña ó documento cobratorio e remitíndoo ó Servizo de Xestión Tributaria e de Recadación, ou ben entregándoo na dependencia de recadación deste concello ou en calquera oficina de Abanca cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesa entidade.

Etiquetas