A Panorama presentará o seu espectáculo ‘Number One Tour’ este xoves en Lourenzá

A orquestra Panorama ofrecerá en Lourenzá a súa primeira actuación na provincia de Lugo co seu novo espectáculo para esta tempada, denominado Number One Tour. Será este xoves, día 18, a partir das 00:30 horas no recinto feiral, que estará cuberto con carpa.

A actuación da orquestra Panorama en Lourenzá é o prato forte do festival Vilou Spring Fest, que organiza a asociación Conde Santo e que inclúe tamén sesión vermú a cargo de Decibelios Eventos e de DJ Billy.

Para este espectáculo da xira 2019 a orquestra Panorama conta con novo escenario, son e iluminación diferentes e tamén novos compoñentes.

Ademais do Vilou Spring Fest o Xoves Santo en Lourenzá celebrarase a cuarta reunión de Amigos da Vespa&Faba e Clásicos e a primeira xornada do torneo internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que continuará os días 19 e 20.

Etiquetas