A Pontenova acollerá o 27 de abril o II Encontro de Música e Baile Tradicional

A localidade da Pontenova ecollerá o 27 de abril a que será xa a segunda edición do Encontro de Música e baile tradicional da Pontenova será o 27 de abril na praza dos Fornos.

Comezará ás 11:00 con obradoiros de iniciación e perfección do baile con Xabi Iglesias, e ás 16:30 comezarán os de Canto e pandeireta con Blanca Villares que terá un prezo de 5 euros para os que non son socios. A mesma hora será o obradoiro de billarda con Troitas Bravas.

O xantar popular será ás 13:00 horas que comezará cunha sesón vermú amenizada por Nela de Bres e compañeiros, e xa ás 14:30 horas comezará oficialmente, e constará de empanada, xamón cocido, paella, sobremesa, viño, auga, refrescos e café, e todo por un prezo de 18 euros.

As actuación comezarán ás 19:00 co Grupo Tradicioonal Marbadas da Escola Municipal de Ribadeo, Airiños de Orbazai, A Chocolateira e Foliadeiros da Ponte A.M. Eco das Minas. Máis tarde será a quenda de Tumba e Dalle.

Para reservar hai que chamar a Casa da Cultura 696 97 18 56, a San Briz 982 34 23 89 ou a A.M. Eco das Minas 610 94 77 38.

Etiquetas