Viveiro volve a editar por segundo ano as postais promocionais da Semana Santa

O Concello de Viveiro, por segundo ano consecutivo e dando continuidade ás accións levadas a cabo para promocionar a Semana Santa, encargou a Correos a publicación de 1.000 postais conmemorativas da Semana Maior; estas postais foron entregadas á Xunta de Cofradías de Semana Santa de Viveiro e están a disposición do público no local no que se está a distribuír o Libro Pregón.

A primeira postal desta colección, editada en 2018, incluía imaxes do Prendemento, unha escea do Encontro, unha escea do Desencravo, a bendición dos ramos na Praza Maior durante a procesión da Borriquita e unha imaxe do Santísimo Cristo da Redención. Na postal deste ano inclúense catro imaxes que mostran o Ecce Homo da Misericordia; Nuestro Padre Jesús Nazareno, dos Nazarenos dos de Fóra; o Calvario e María ao pé da Cruz.

Etiquetas