Skip to main content
ActualidadeFoz

O orzamento do Concello de Foz deste ano destina 150.000 euros para devolver licenzas de obra do anterior goberno

Por 18 Abril, 2019Sin comentarios

No orzamento municipal do Concello de Foz para este ano, aprobado en pleno este luns, figura unha partida de 150.000 euros para seguir facendo fronte á devolución de licencias de obra concedidas no ano 2008, que cobrou o goberno local do PSOE “e que non sabemos en que as gastou”, manifestou hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira. O rexedor subliña que o PP ten que pagar ás débedas do PSOE e que a mala xestión dos socialistas déixase sentir nas arcas municipais aínda moitos anos despois.

“Desde o equipo de goberno queremos informar a todos os veciños que nestes orzamentos do Concello, recentemente aprobados, seguimos a dinámica destes últimos anos: reservar unha partida de 150.000 euros para seguir pagando e devolvendo esas licencias do ano 2008, aquelas licencias que cobrou o goberno municipal do Partido Socialista e que agora, durante estes dez últimos anos, ten que ir pagando o goberno do Partido Popular”, explicou Javier Castiñeira.

O alcalde engade que “naquel momento o Concello gobernado polo señor Rivera cobrou varios millóns de euros en licencias, que non sabemos en que os gastou; e agora levamos anos devolvendo preto de 1 millón de euros, e proba disto é que nestes orzamentos de 2019, dez anos despois, aínda van 150.000 euros para devolverlle a un dos contratistas que o ten solicitado”.

O rexedor salienta que “isto non remata aínda agora porque hai un acordo con ese construtor para non devolverllos directamente todos na mesma anualidade, porque son practicamente 400.000 euros, e polo tanto aínda quedarán anos sucesivos para seguir devolvendo os cartos que gastou no seu momento o señor Rivera e o seu goberno do Partido Socialista no Concello de Foz”.

Castiñeira subliña “a responsabilidade do goberno do Partido Popular, que paga as débedas dos socialistas” e “a mala xestión dos gobernos do Partido Socialista, que aínda agora sentimos nas arcas municipais e ademais temos que escoitar as críticas do Partido Socialista á hora de aprobar os orzamentos, que nin sequera son capaces de apoialos para pagar as súas propias débedas”.

O alcalde quere que “os veciños de Foz non se esquezan de que se seguen pagando débedas dunha mala xestión socialista e que aínda por enriba non son capaces de aprobar uns orzamentos nos que van débedas da súa xestión”.