Skip to main content
ActualidadeBurela

O luns 22 ábrese o prazo para inscribirse no karaoke das festas patronais de Burela

Por 21 Abril, 2019Sin comentarios

O este luns, 22 de abril, ábrese a inscrición para participar no karaoke das festas patronais de Burela, segundo informan a comisión organizadora e a Concellería de Cultura.

As persoas interesadas en participar poden anotarse na Casa da Xuventude ou na Biblioteca Municipal. “Alí deben deixar os seus nomes, o título da canción que van interpretar e tamén un número de teléfono de contacto”, explica José Díaz.

O karaoke das festas patronais de Burela terá lugar os días 29 e 30 de maio. O 29 será o infantil e xuvenil e o 30 o de adultos.