Skip to main content
ActualidadeViveiro

Este xoves terá lugar unha conferencia sobre as baterías costeiras de Viveiro coa intervención de Xosé María Leal

Por 22 Abril, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A actividade, organizada polo colectivo Pensamento e Sementeira e maila a asociación Mariña Patrimonio, terá lugar o xoves 25 de abril en Viveiro.
O historiador Xosé María Leal Bóveda impartirá a conferencia O sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-XVIII. O caso de Viveiro-Celeiro na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
O acto, que comezará ás 20.00 horas, conta coa colaboración do Concello de Viveiro e ten como finalidade dar a coñecer as baterías costeiras de San Xoán e de Celeiro. Estes bens culturais, malia a súa importancia, son unhas grandes descoñecidas do patrimonio de Viveiro e non contan na actualidade con ningún tipo de protección.