Skip to main content
ActualidadeViveiro

O Concello de Viveiro pon en marcha un servizo para o control da nidificación da gaivota

Por 23 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro puxo en marcha un servizo gratuíto para o control da poboación urbana da gaivota patiamarela para a campaña de nidificación deste ano 2019.
O obxectivo xeral que persegue este servizo é a mellora na calidade de vida dos cidadáns de Viveiro, realizando unha correcta xestión da poboación destas aves para previr e evitar o crecemento desmesurado da mesma, provocando posibles pragas e problemas de salubridade pública, á vez que se asegura o benestar desta especie.
O principal obxectivo que persegue este servizo é a redución e desprazamento da poboación de gaivotas que colonizou o medio urbano, facendo uso do mesmo para alimentarse dos refugallos xerados e colonizando os tellados para situar as súas zonas de cría, o que xera unha serie de problemas para o cidadán, ruídos, malos cheiros, danos nos tellados e mesmo ataques ao ser humano.
O plan de actuación consistirá nun estudo poboacional inicial das gaivotas que usan o medio urbano durante a época reprodutiva e da súa distribución no centro urbano. Este estudo iniciarase no mes de abril e complementarase durante a campaña de retirada de niños, o que nos proporcionará unha referencia exacta do problema xerado para o concello de Viveiro.
Desde o mes de maio comezarase coa retirada de niños, finalizando o control dos tellados con problemas no mes de agosto, realizando un mínimo de dúas visitas a cada tellado afectado, para impedir o nacemento das postas. As visitas consistirán na visita á propiedade afectada por dous técnicos que procederán a realizar unha revisión ocular do tellado afectado e á retirada dos niños atopados e do seu contido (ovos, pitos), posteriormente realizarase o mesmo proceso cun mes de diferenza entre visitas.
Dende o Concello piden a máxima colaboración posible tanto dos veciños afectados como dos que detecten algún problema como os referidos con anterioridade xa que desta colaboración dependerán en gran medida uns óptimos resultados do propio servizo, o que favorecerá á mellora da calidade de vida na coidade.
Os cidadáns que así o desexen poderán solicitar o servizo a través dos seguintes teléfonos de contacto:
Departamento Municipal de Medio Ambiente- 982 562 968
Larus Control (empresa concesionaria)- 689 838 359.