Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O PSOE propón un Plan Estratéxico para facer de Ribadeo un Concello cun turismo sostible

Por 23 Abril, 2019Sin comentarios

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a candidata do PSOE ao Congreso, Sonsoles López Izquierdo, o candidato ao Senado, César Mogo, e a candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, puxeron en valor este mércores as políticas levadas a cabo polos socialistas no Goberno do Estado, durante estes 10 meses, “para potenciar o turismo en territorios no que este sector ten un peso moi grande na súa economía”.

Neste eido, Santos Ramos destacou que “Ribadeo é un dos exemplos máis claros que temos na provincia da importancia do turismo para os veciños, pois recibe máis de 100.000 visitantes e 17.000 peregrinos aos ano. Este sector temos que atendelo porque é unha oportunidade, pero para iso hai que xestionalo e estruturalo para poder multiplicar a súa capacidade. Por iso, dende o PSOE temos un proxecto para facer un Plan Integral de Turismo, cunha estratexia 2030, co que queremos desenvolver unha xestión responsable e cooperativa entre os Concellos, as Provincias, as Autonomías e o propio Estado”.

“A estratexia pivotará sobre 4 eixos: as persoas, que son o centro da estratexia e son fundamentais para manter o atractivo e ofrecer os servizos necesarios aos turistas; as empresas, pois son o fío condutor; as institucións, responsables da impulsión, difusión e investimento dos recursos; e o propio territorio, pola súa ordenación, conservación, vertebración e ocupación. Debemos ser capaces de deixar de abusar do turismo estacional e do consumo masivo para enfocalo nun turismo sostible medioambientalmente, socioeconomicamente e territorialmente. Esa é a estratexia do PSOE que nos levará a un paradigma de oportunidades en torno ao turismo para todos, non só para os explotadores e para os viaxeiros, se non para a sociedade que o ocupa. Ribadeo é un exemplo desa estratexia”.

Compromiso coa xuventude

Marta Rey puxo en valor o compromiso de Pedro Sánchez coa xuventude e destacou varias medidas que quere impulsar o PSOE como o programa para modernizar as bolsas e así protexer o dereito á educación, ampliando a igualdade de oportunidades; establecer, de forma gradual, un sistema que garanta a gratuidade das primeiras matrículas na Universidade; aprobar un estatuto do bolseiro, fomentando a súa retribución e limitando os períodos de prácticas, establecendo un porcentaxe máximo de bolseiros nas empresas… A candidata á alcaldía subliñou que “o Consello de Ministros aprobou un Plan de choque integral de emprego para a xente nova no que se investirán 2.000 millóns para reducir o paro xuvenil e inserir no mercado laboral a 168.000 rapaces”.