O Arco da Vella de San Miguel de Reinante organiza o II Xantar Foliadeiro o 4 de maio

O próximo sábado 4 de maio a Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante organiza o II Xantar Foliadeiro.

A xornada comezará a partir das 14:00 horas nos Colexios Vellos de San Miguel. Alí terá lugar un xantar preparado polo cátering Chao dos Navais que consistirá en callos e churrasco para os adultos e entrantes fríos e quentes e tamén churrasco para os nenos, de sobremesa haberá brazo de xitano e torta xeada. Viño, auga e refrescos e café e copiño logo da sobremesa.

Logo da comida haberá tamén nas instalacións dos Colexios Vellos música tradicional en directo, na que todos os asistentes poderán participar nunha foliada libre, polo que dende a O Arco da Vella recordan que todo aquel que queira sumarse á festa leve os seus instrumentos.

Durante a tarde haberá unha chocolatada gratis e tamén servizo de bar.

As entradas poderanse mercar nos bares de San Miguel de Reinante ou poñéndose en contacto con calquera membro da asociación.

O prezo das mesmas é de 22 euros para os adultos e 12 euros para os nenos. Máis información no teléfono 628 73 92 24

Etiquetas