Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Arredor de 20 empresarias ribadenses asistiron ao curso sobre redes sociais organizado por Acisa

Por 26 Abril, 2019Sin comentarios

Arredor de 20 empresarios e empresarias de Ribadeo asistiron na tarde de onte ao curso sobre redes sociais, organizado por Acisa e impartido por Mariña Asesores, empresa asociada.

Sergio Irigoyen achegou as redes sociais aos asistentes e aconsellounos sobre como empregalas para beneficio dos seus negocios. Así dixo que é preciso buscar unha audiencia que se axuste aos perfís empresariais, é necesario saber qué é o que lles gusta e tamén que os seguidores cos que se conta son os axeitados.

Irigoyen recomendou realizar publicacións nas redes sociais unha ou dúas veces ao día acompañadas de contidos audiovisuais; mencionar e etiquetar outros perfís e persoas para que o que publiquemos chegue ao maior número de persoas posible; usar palabras clave e contidos orixinais para chamar a atención da audiencia.

Desde Mariña Asesores insistiron na necesidade de ter perfectamente diferenciados os perfís persoais dos empresariais. Durante este curso tamén se abordaron cuestións coma os influencers ou os micro influencers.