O Burela FS celebrará cos campións e afeccionados o ascenso a primeira división

Pescados Rubén Burela FS despedirá a liga 2018-19 o sábado 4 de maio coa visita do FC Barcelona B e en forma de Festa de Primeira cunha cea na que os campións e a afección poderán celebrar xuntos a volta á elite do fútbol sala.

A Parrillada Don Chuletón acollerá a cea do ascenso, a partir das 22.00 horas, con prezo de 30 euros/persoa.

Os tíckets poderán adquirirse na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta) ata o xoves 2 de maio.

Etiquetas