Alumnado do obradoiro ‘Ribadeo co camiño’ realiza tarefas de limpeza e mellora no treito da ruta ao paso polo concello

Os alumnos e alumnas da especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes do obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño están a realizar tarefas de limpeza, mantemento e mellora de elementos vexetais e non vexetais e un plan de control da avespa velutina no tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo concello.

Os espazos onde se están levando a cabo estes traballos son o entorno do albergue da Pena (Covelas), a area recreativa do Carme (Vilela), a area recreativa de O Campín (Ove) e o espazo da contorna da Fonte do Valín (Ove).

Estes traballos de acondicionamento realízanse co obxectivo de mellorar a infraestrutura turística do Concello de Ribadeo e coa intención de que o tramo do camiño de Santiago que atravesa o municipio estea nas mellores condicións posibles para recibir aos peregrinos que durante estes meses transiten por esta ruta.

Etiquetas