Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A Aula CeMIT de Ribadeo organiza un obradoiro sobre manexo de tabletas para persoas maiores

Por 30 Abril, 2019Sin comentarios

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro gratuíto sobre o manexo de tabletas.

A actividade está dirixida a persoas maiores e desenvolverase os días 13, 14 e 15 deste mes de maio. Terá lugar na Aula CeMIT en horario de 16:00 a 17:30 horas

Este curso, realizado en colaboración con Vodafone España, introducirá aos participantes no uso básico destes dispositivos e demostraralles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que se lles abren aproveitando estas tecnoloxías que combinan unha gran portabilidade e accesibilidade desde calquera sitio e lugar.

A Fundación Vodafone España poñerá a disposición dos asistentes 10 tabletas para que, os que non dispoñan destes dispositivos, poidan practicar durante as clases. O obradoiro será exclusivamente para tabletas co Sistema Operativo Android, non se traballará con IPads.

O número de prazas é limitado e será necesario facer preinscrición. As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse poden facelo na propia Aula CeMIT, no número de teléfono 982 120 732 ou a través da web antes do xoves 10 de maio ás 13:00 horas.