Lourenzá acolle este mércores día 1 o desfile do maio e un espectáculo de clown e circo no cantón

Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 1, o desfile do Maio e un espectáculo de clown e circo, que terá lugar no Cantón.

Ás 16:30 horas saíra o Maio do mercado comarcal para percorrer as rúas de Vilanova, acompañados polo grupo de música da asociación Osorio Gutiérrez. A continuación no Cantón haberá desfile d@s participantes no concurso de sombreiros, entrega de premios do concurso de postais para as nais, organizado pola ACIAL, e entrega de premios dos concursos de decoración de vivendas e comercios e de sombreiros do Maio.

As actividades rematarán cun espectáculo de clown e circo titulado MeRe-cidamente, da compañía Moc Moc.

En caso de choiva as actividades do Cantón trasladaranse ao mercado comarcal gandeiro.

Etiquetas