Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXACervo

O PSOE amósase como a única garantía para a continuidade de Alcoa na Mariña

Por 30 Abril, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou este pasado venres que “a única garantía para os traballadores de Alcoa é que continúe gobernando no Estado o Partido Socialista”. Díxoo en Cervo, no mitin de peche de campaña das Eleccións Xerais, acompañado dos candidatos do PSOE ao Congreso e o Senado, así como Alcaldes, voceiros e compañeiros de partido na provincia.

Santos Ramos subliñou que “o Goberno de Pedro Sánchez acaba de anunciar que amplía de 91 a 200 millóns de euros as axudas destinadas á compensación de custes de emisións directas de CO2. Esta medida súmase ao impulso dos socialistas do Estatuto da Industria Electrointensiva, enmarcado nas iniciativas do PSOE para solucionar un problema herdado. Os socialistas fixemos máis nestes 10 meses que o PP durante 7 anos. En cambio, o Partido Popular obrigou a Alcoa e a outras electrointensivas a ir a un sistema de poxas cando desapareceu a tarifa G4, non recibían aos traballadores, non resolveron o problema e non desenvolveron o estatuto dos consumidores. Ese era o seu compromiso cos traballadores de Alcoa: 0”.

O Secretario Provincial explicou que o PSOE no Executivo Central traballou intensamente para poder aprobar o Real Decreto do Estatuto da Industria Electrointensiva pero o Informe da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia aconsella revisar o contido do borrador para garantir a máxima seguridade xurídica. “O compromiso do PSOE é aprobar o antes posible o Estatuto. Para iso temos que seguir gobernando e que a dereita non sume, por iso é fundamental que este domingo a cidadanía vote en masa e se concentre o voto no partido que demostrou que defende os intereses dos traballadores da fábrica de Alcoa, en Cervo”.

“Feijóo utiliza Alcoa como ameaza electoral”

Santos Ramos censurou que o Presidente da Xunta de Galicia utilice a situación de Alcoa como ferramental electoral. “Feijóo asegura que non existe ningunha posibilidade de que se manteña o persoal de Alcoa e que se perderán postos de traballo, pero con el no Goberno do Estado Alcoa xa estaría pechada hai anos. E os datos o demostran. Dende que está o PP no goberno galego na provincia de Lugo pecháronse máis de 1.500 explotacións de leite e unhas 2.500 de carne. E iso que din que defende o rural. Perdéronse moitos máis empregos que os de Alcoa e nós aseguramos que non se van a eliminar. En cambio el xa non pode nada para reverter a situación. O PP e Fejióo non pode dar leccións de nada a ninguén porque non están autorizados”.