Skip to main content
ActualidadeViveiro

Celebrada a primeira reunión sobre a seguridade no Resurrection Fest

Por 1 Maio, 2019Sin comentarios

Xa se celebrou a primeira reunión de seguridade con respecto á celebración do Resurrection Fest, na que estiveron presentes, ademais da alcaldía de Viveiro, o director do festival e membros de Policía Local, Protección Civil, Policía Nacional de Viveiro, Garda Civil de Viveiro, Garda Civil do Mar, Parque de Bombeiros de Viveiro, Garda Peiraos Policía Portuaria, PAC de Viveiro.

Nesta primeira xuntanza tiveronse en conta as previsións referentes á afluencia prevista, segundo as cales se esperan diariamente 5.000 persoas máis que na pasada edición; espérase, ademais, que a afluencia de público sexa igual durante todas as xornadas, sen que exista un incremento de cara ao fin de semana como en edicións pasadas.

Tendo en conta esta información, entre outras cuestións, acordouse manter os dispositivos de edicións anteriores; solicitar reforzos de persoal por parte dos corpos de seguridade e os servizos médicos e solicitar, así mesmo, a implicación da Xunta de Galicia para a sinalización e desvios de tráficos da LU-862; neste sentido, dende o concello van remitir unha solicitude á Axencia Galega de Infraestruturas dando conta desta información e solicitando a súa colaboración neste ámbito.