O vindeiro xoves 9 presentarase na librería Bahía de Foz o libro ‘Luto en colores’ de Silvia Melero

O xoves 9 de maio ás oito e media da tarde presentarase na librería Bahía de Foz o volume Luto en colores, da periodista Silvia Melero Abascal. Participará coa autora no acto Janny Campistrou.

Luto en Colores é un libro que busca repensar a morte para celebrar a vida. Nace tras a experiencia persoal da autora pola perda da súa irmá. Naceu para romper o tabú da morte por suicidio, pero foise abrindo a abrazar outros tipos de dó tamén invisibilizados, como as mortes de cativos. É unha invitación á diversidade, á pluralidade e á liberdade, porque hai moitas formas de vivir a  morte, a despedida e o dó. É tamén  unha aposta pola creatividade como ferramenta maravillosa para superar a dor e homenaxear aos nosos seres queridos, facendo da sá ausencia, unha presencia chea de luz e de aprendizaxe nas nosas vidas.

Silvia Melero Abascal é unha periodista freelance, autora do libro Luto en colores e impulsora do proxecto có mesmo nome. Ao longo da súa traxectoria profesional ten colaborado con diversos medios de prensa, radio, televisión, ONG, e os seus reportaxes recibiron dez premios de periodismo. “Feita de palabras, soños, lúas, bosques e mares. Convencida do poder da comunicación como ferramenta de transformación persoal e colectiva”.

Etiquetas