Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

A furgoneta atopada nos cantís de San Román será izada o mércores 8

Por 8 Maio, 2019Sin comentarios

O pasado Sábado Santo un suceso misterioso sacudiu O Vicedo, un furgón case totalmente esnaquizado foi descuberto nos cantís de San Román, pero o máis probable é que o condutor do vehículo o despeñase o Xoves Santo.
Todo son incógnitas ao redor deste suceso, pese que xa se sabe quen era o condutor do vehículo, polo dagora non foi posible localizalo. Nun primeiro momento incluso se chegou a falar de suicidio ou de que o mar levase o corpo do condutor, mais os veciños do Vicedo afirmaron que se tratra dun home español, que na noite do Xoves Santo volveu ao hostal no que se aloxaba e ao día seguinte desapareceu, polo que o sábado, cando se descubriu a furgoneta, arrancou un operativo de búsqueda por aire, mar e terra.
A Garda Civil constatou que o condutor é un home de fala española, que era ou segue a ser veciño de Reus e que alquilara a furgoneta no aerporto de Barcelona. Intentouse contactar con el no número de teléfono que deixou como aval no momento da contratación da furgoneta en El Prat, mais non obtiveron ningunha resposta.
As labores de izado da furgoneta levaranse a cabo o mercores 8, polo que a zona permanecerá señalizada durante todo o día.