Skip to main content
ActualidadeFoz

Foz Plataforma de Futuro da a coñecer as persoas que forman a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais

Por 8 Maio, 2019Sin comentarios

Este pasado Mércores, “Foz, Plataforma de Futuro” co seu candidato á alcaldía de Foz, fixo un acto público, no salón de actos da Casa da Cultura, para presentar ós veciños e veciñas do noso Concello as persoas que forman parte da súa candidatura.

Nunha Casa de Cultura ateigada de xente vimos de facer a presentación dos veciños e veciñas que deron un paso para cambiar e mellorar o noso Concello, apostando por participar na vida pública e política do noso Concello, formando parte da lista de “Foz, Plataforma de Futuro”.

Queremos dar as gracias publicamente a todos e todas as persoas que nos acompañaron neste acto entrañable onde explicamos brevemente o moito traballo feito durante estes catro anos na oposición, e adiantamos algunhas novas liñas para os vindeiros catro anos no Goberno do Concello de Foz.

Unha lista electoral feita para gobernar Foz  dende Foz os vindeiros catro anos, con xente preparada e representativa da sociedade de Foz, unha mezcla de xuventude e veteranía:  empresarios, estudantes, amas de casa, formadores, profesores, parados, autónomos, xubilados, empregados de supermercados ,empregados do sector naval, etc , pero sobre todo veciños e veciñas comprometidos e comprometidas en entregar os  mellores anos da súa vida en traballar por mellorar Foz e mellorar os servizos dos nosos veciños e veciñas.

Sen tutelas, sen estar dirixidos dende Lugo, Santiago, ou Madrid, cun slogan claro “A NOSA PRIORIDADE,FOZ”, gobernaremos Foz dende Foz, e coa claridade que para nós a palabra FOZ significa os mais de 10.000 habitantes e as 8 PARROQUIAS do noso Concello.

Unha lista formada por 7 mulleres e 10 homes, renovada nun 70% con respecto a fai catro anos, con xente que nunca participou en política, e xente que estivo xa ocupando postos de responsabilidade en distintas corporacións.

LISTA ELECTORAL “FOZ,PLATAFORMA DE FUTURO” FOZ 2019

  1. LUIS ALFONSO SIXTO LEGASPI (FOZ)
  2. VICTOR COUTO BARRIENTOS(FOZ)
  3. MARÍA PEÑA RUBIÑOS FERNÁNDEZ (NOIS)
  4. PEDRO FERNÁNDEZ MARFUL (CANGAS)
  5. VERÓNICA YÁÑEZ VÁZQUEZ(VILARONTE)
  6. RAMÓN SIXTO LEGASPI (STA CECILIA)
  7. LESINDA MARTÍNEZ SIXTO(FAZOURO)
  8. CESAR FERNÁNDEZ VILA (SAN MARTIÑO)
  9. ANABELA  BRITO CARREIRA SEMEDO(FOZ)
  10. PAULA RICO RAMOS (MARZÁN)
  11. JUÁN LUIS GONZÁLEZ RIVEIRO(FOZ)
  12. FRANCISCO FERNÁNDEZ DÍAZ (VILAXOANE)
  13. Mª DOLORES SAMPAYO GONZÁLEZ (FOZ)
  14. RAMÓN MANUEL RODRÍGUEZ PIÑEIROA (VILAXOANE)
  15. JOSÉ GEADA MARRUBE (FOZ)
  16. ANA ISABEL VILLARINO (FAZOURO)
  17. JESÚS IGUALADA MORENO (FOZ)