O día das Letras Galegas será a entrega de premios do XIV Premio Literario en Trabada

A Asociación Cultural O Picato de Trabada organizou para o Día das Letras Galegas, o 17 de maio o acto de entrega de premios do XIV Premio Literario.

O concurso dividiuse en tres categorías: narración, debuxo e fotografía. As dúas primeiras, en narración e debuxo a temática A festa do meu pobo foi compartida e para a categoría de fotografía, a temática foi  Fotografía as túas letras.

Entregaranse 1º e 2º premios en cada categoría e subcategoría, e tamén agasallos para todos os participantes. O acto de entrega de premios será na Casa da Cultura de Trabada o propio día das Letras Galegas.

Terá lugar antes da entrega de premios a actuación de Caxoto no que ofrecerá un espectáculo co que viaxar ao pasado e descubrir como vivían, como traballaban e como vestían os nosos antergos pero, sobre todo, como disfrutaban do seu ocio.

 

Etiquetas