O torneo de fútbol sala base ‘Memorial Heroes do Orzán’ disputarase do 26 ao 30 de xuño na Mariña

Volve un verán máis o Memorial Heroes do Orzán da Fundación Imdecum, coa oitava edición e regresando ás súas orixes, con sede unificada na Mariña.

O Torneo de Fútbol sala Base en recordo dos policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez arrincará na comarca o 26 de xuño, ata o domingo 30. Burela, Foz, San Cibrao, Xove e Viveiro volverán ser testemuñas do mellor futsal de pequenas promesas do panorama nacional, nas categorías prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

Inscrición aberta

Os equipos interesados poderán reservar a súa praza ata o martes 4 de xuño.

Etiquetas