Skip to main content
ActualidadeRibadeo

En Marea Ribadeo presentou a súa candidatura completa

Por 13 Maio, 2019Sin comentarios

En Marea Ribadeo é unha candidatura cidadá diversa, con veciñas do rural e da vila; labregas, traballadoras da industria e dos servizos; xentes de Ribadeo e de fóra, activistas dos movementos sociais e culturais do concello, encabezada por dúas persoas -Evaristo Lombardero e Maica Nistal- cun longo compromiso en favor do público, da cohesión social -sen deixar ninguén atrás- e da conservación do noso patrimonio natural.
A nosa proposta é a de artellar entre todos a transición da nosa economía -que amosa síntomas de esgotamento- para dar resposta ós retos globais. Traballaremos cara á soberanía alimentaria e enerxética a través do desenvolvemento dos recursos naturais, formativos e culturais, diversificando unha económía hoxe moi dependente de factores externos; unha transición que só poderá acadarse coa complicidade da veciñanza.
Isto supón transparencia, información e participación, o que ven sendo dárlle a volta a un Concello que ben entrado o século XXI non deixou vellos hábitos da opacidade e o clientelismo. É tempo xa de abrir as ventás ó aire limpo, e as portas á xente do común.
O fundamental do noso programa ten sido difundido xa ós medios locais por entregas sectoriais. Lembramos aquí algunhas das ideas que propoñemos para ese debate necesario.
Transparencia e participación: Consello de participación cidadá, gravación e emisión dos Plenos do Concello, emisora de radio municipal de xestión comunitaria, rotación do Pleno polas parroquias.
Economía: Orzamentos participativos para a Vila e nas parroquias, viveiro de empresas no polígono industrial, bonificación do IBI das explotacións agrogandeiras, bonificación do IBI, auga e lixo ás tendas-bar do rural, promoción da produción local de alimentos, compra pública social e ambientalmente responsable, beneficios para locais en aluguer a prezo taxado, loita conrta a precariedae laboral.
Servizos municipais: Recuperación da xestión do abastecemento de auga, mellora da calidade da auga e promoción do aforro, planta de compostaxe, programa de reutilización de residuos, limpeza viaria en Rinlo, cooperativas de profesionais para as residencias, Renda Mínima Municipal, vivenda social en aluguer.
Transición enerxética e medio ambiente: Axudas ó illamento térmico de vivendas, FP en enerxías renovables, parque eólico para abastecemento do Concello, loita contra a contaminación lumínica, recuperación do rego de Vilaselán, albergue para animais abandoados, recuperación de espazos, protección de ríos, mananciais e fontes, eliminación de eucaliptos de terras de concentración.
Mobilidade e urbanismo: Programa “camiñando ó cole”, aparcadoiro cuberto e vixiado para bicicletas, bonificación do servizo de taxi á vila desde o rural, punto de carga eléctrica na parada de taxi.
Cultura: Sá de exposicións, sá acondicionada de ensaio para grupos musicais na Vila, festa multicultural, proactividade na reapertura de locais para actuacións.