O PP de Xove presenta a súa candidatura ás municipais de maio, con Demetrio Salgueiro á cabeza

O Partido Popular de Xove preséntase ás próximas eleccións cun equipo de garantías co que opta a revalidar e superar a maioría absoluta ca que leva gobernando os últimos anos.

Os catro primeiros postos da lista están ocupados por persoas con estudios superiores con moita preparación e experiencia en asuntos vitais para o Concello, como a Economía, os Servizos Sociais, o traballo entre administracións ou o Deporte (Demetrio Salgueiro, licenciado en CC. Económicas; Ana Abad, Licenciada en Psicoloxía Clínica; Dolores Meitín, Licenciada en CC Políticas e da Administración e Cristina Iglesias, Licenciada en CC da Actividade Física e do Deporte.

A candidatura complétase con persoas con experencia tamén en outras ramas de actividade e con representación de todas as parroquias do concello.

A conxunción de formación e experiencia, así como a ilusión e ganas de traballar de todos os seus integrantes, fan que a do PP sexa a única candidatura das que se presentan ás eleccións que pode aportar ó Concello un traballo serio e riguroso que permita que Xove siga sendo un referente a nivel económico, social e en cantidade e calidade dos servizos que se prestan ós veciños, así como unha garantía de mellora de infraestructuras, asuntos nos que se ben traballando intensamente nos últimos anos.

Etiquetas