Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O colexio Sagrado Corazón de Ribadeo recuperou a Festa das Familias con motivo do 50º aniversario do centro

Por 14 Maio, 2019Sin comentarios

O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús recuperou a Festa das Familias, con motivo da celebración do 50º aniversario do centro nas súas actuais instalacións da rúa Carlos III. O evento tivo lugar na área recreativa de Santa Cruz este pasado sábado e contou cuns 200 asistentes.

Desde a dirección do colexio Sagrado Corazón agradecen a participación das familias que asistiron a esta “xornada moi agradable de convivencia, na que o tempo acompañou. Houbo bo ambiente e diversión, sobre todo para os máis pequenos, que gozaron do concerto de Gramola Gominola e dunha tarde de xogos na natureza”.