Skip to main content
ActualidadeCervo

O Concello de Cervo comezou as obras de mellora integral na zona do Porto de Arriba, en San Cibrao

Por 14 Maio, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de iniciar as obras de mellora integral da rúa do Faro, no Porto de Arriba de San Ciprián.

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse no día de hoxe ata este lugar, para supervisar os traballos nos que “contemplamos a mellora do pavimento da rúa, eliminando barreiras arquitectónicas e renovando a rede de saneamento, independizando a recollida de augas fecais e pluviais; reemprazando as canalizacións existentes de fibrocemento por outras de PVC”.

Ademais, tamén se renovará a rede de alumeado público, substituíndo o tendido en superficie por unha canalización soterrada “co que reducimos o impacto visual, contribuíndo á humanización de toda esta contorna”.

Villares destacou que esta obra segue a liña de todos os proxectos que vimos acometendo no termo municipal; “todas as actuacións que plantexamos foron concibidas baixo tres premisas: a mellora da accesibilidade coa eliminación das barreiras arquitectónicas, a humanización da zona na que se actúa e a aposta polo saneamento, independizando as canles de recollida de fecais e pluviais”.

A actuación supón un investimento de 211.000 euros e a previsión é que estea rematada nos vindeiros dous meses.