Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXABurela

O Programa Catuxa organiza un encontro entre familias e profesorado da Mariña Lucense

Por 14 Maio, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Programa CATUXA, impulsado dende a Mancomunidade da Mariña Lucense, pon en marcha un encontro de familias e profesorado co obxectivo de dotar ás nais, pais e docentes de ferramentas de detección da violencia de xénero que sufran ou que poidan sufrir no futuro as rapazas adolescentes e como actuar.
Neste encontro, que terá lugar o próximo 15 de maio no IES Perdouro do concello de Burela, proporcionaranse elementos claves para a prevención, a detección e a intervención en casos nos que as menores de idade estean en situación de risco e/ou de violencia de xénero. Coñecer os mecanismos de prevención é a día de hoxe imprescindible, tanto na adolescencia cando se comezan a manifestar as conductas violentas, como en idades máis temperás, para intentar evitar que estas aparezan. É por isto que o encontro é aberto a todos os niveis educativos.

O 15 de maio ás 18:30 horas realizarase a actividade ‘A milla filla/alumna sofre violencia? Encontro familias e profesorado da Mariña Lucense’ no IES Perdouro. Intervirán o presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, a Plataforma Unitària Contra la Violència de Gènere (Barcelona), o Centro de Información á Muller (CIM) de Ribadeo e o equipo Catuxa (Retnova Proxecting Consulting).